AVISO LEGAL
1. Datos identificativos
En cumprimento do deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE), infórmase que o presente sitio web:
Dominio: https://informatica.ciclosallerulloa.gal
Dominio principal: ciclosallerulloa.gal
Titular: IES Ramón María Aller Ulloa
Natureza xurídica: Centro público de enseñanza dependiente de la Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de la Xunta de Galicia
Enderezo: R. da Banda de Música de Lalín 8 – 36500 – Lalín – Pontevedra
Correo electrónico de contacto: ies.aller.ulloa@edu.xunta.gal
O centro actúa no exercicio de funcións públicas conforme á normativa educativa vixente.
2. Obxecto
A presente web ten carácter informativo e educativo, co obxectivo de difundir información relativa ao Departamento de Informática, actividades académicas, proxectos, novas e recursos formativos.
3. Condicións de uso
O acceso e uso da web atribúe a condición de usuario e implica a aceptación plena das presentes condicións.
A persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos ofrecidos e a non empregalos para:
- Incorrer en actividades ilícitas.
- Difundir contidos contrarios á lexislación vixente.
- Provocar danos nos sistemas físicos ou lóxicos do centro.
O centro resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos do sitio web.
4. Propiedade intelectual e industrial
Todos os contidos (textos, imaxes, logotipos, deseño, código fonte, etc.) son titularidade do centro ou utilízanse con autorización.
Algunhas das imaxes empregadas para o deseño da web foron xeradas con IA ou tomadas de: www.pexels.com, sendo a funcinonalidade das mesmas meramente estéticas ou decorativas.
Queda prohibida a súa reprodución, distribución ou modificación sen autorización expresa, agás uso educativo sen ánimo de lucro e citando a fonte.
5. Responsabilidade
O centro non se fai responsable de:
- O mal uso dos contidos.
- A información publicada por terceiros en ligazóns externas.
- Posibles interrupcións do servizo por causas técnicas.