O blog do Departamento de Informática: actualidade, vida do centro, innovación e orientación laboral

ORZALAN: Innovación educativa no módulo de Redes Locais

22/01/2026 | Lab Dixital

No noso departamento de Informática seguimos apostando por unha formación práctica e conectada coa realidade laboral. Froito desta filosofía nace ORZALAN, unha aplicación desenvolvida no propio centro para apoiar o traballo nos módulos de Redes Locais e noutros módulos da familia profesional.

ORZALAN é unha aplicación de escritorio creada en Python (PySide6 + SQLite) que ofrece as seguintes características:

  • Xestión dun catálogo de materiais (cableado, racks, electrónica, servizos, etc.).
  • Creación e edición de orzamentos profesionais.
  • Cálculo automático de custos, marxes e prezos de venda.
  • Exportación de documentos en PDF e XLSX.
  • Funcionamento portable sen necesidade de servidor.
  • Adaptación ao uso específico en aula.

No módulo de Redes Locais, a ferramenta permite completar todo o proceso dunha instalación: análise de necesidades, deseño técnico, cálculo de materiais e xeración do orzamento final. O alumnado non só aprende a instalar e configurar redes, senón tamén a presentar unha proposta técnica e económica coherente.

ORZALAN pode empregarse nos seguintes módulos e ámbitos:

  • Redes Locais: planificación de instalacións, cálculo de materiais e elaboración de orzamentos completos.
  • Montaxe e Mantemento de Equipos: presupostos de PCs completos, ampliacións, reparacións e servizos técnicos.
  • Administración de Sistemas: dimensionamento de servidores, racks e electrónica profesional, análise de viabilidade económica.
  • FP Básica e módulos transversais: uso como software básico de xestión de orzamentos, traballando competencias dixitais, organizativas e económicas.

O proxecto está dispoñible en GitHub no repositorio https://github.com/javier-feijoo/orzalan e as versións compiladas poden descargarse en https://github.com/javier-feijoo/orzalan/releases.

Con ORZALAN damos un paso máis cara a unha Formación Profesional máis realista, práctica e adaptada ás necesidades do sector tecnolóxico.

Novas relacionadas ...